En outubro rematan en Ourol as obras nos centros sociais de Merille e Xerdiz

O alcalde de Ourol, o socialista José Luis Pajón, avanzou que está previsto rematar, de cara ao 15 de outubro, a segunda fase do arranxo do centro social de Merille, ao que lle falta renovar as ventás e as portas. Tamén prevé ter finalizadas, nesa data, as obras da rehabilitación do local de Xerdiz, cuxo amaño practicamente completo supuxo unha inversión duns 70.000 euros, que haberá que xustificar á Xunta.

Por outra banda, cos cartos que sobraron dunha aportación anterior, o Concello de Ourol xa licitou e adxudicou para comezar en outubro, o arranxo de varios camiños en Merille, Xerdiz e no mesmo Ourol. A adxudicataria en principio tería de prazo para rematar os traballos ata mediados de novembro.

Etiquetas