Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Camovi de Viveiro xa ten data para o 2020

Por 13 Outubro, 2019Sin comentarios

A Camovi, a carreira de monte de Viveiro, será o 26 de abril do 2020, e será polo seu
percorrido circular.

Esta carreira é a única carreira na que prácticamente en todo momento pódese observar o mar.

A organización anuncia que este ano vai ser unha edición moi especial cargada de novidades.

Foi unha carreira pioneira na provincia de Lugo, nunha época na que o trail running era un deporte minoritario e cuxos adeptos estaban máis encasillados como tribu que como deportistas.

Nas súas primeiras edicións a Camovi compoñíase de dúas carreiras de 40 e 15 kms, pero ante a gran aceptación que tivo entre os corredores de montaña de Galicia, Asturias e León, no ano 2015 decidiuse modificar a carreira nai de 40 kms para convertela en distancia maratón de 42 kms de puro monte galego.