A segunda edición da Milla Urbana de Lourenzá será o 9 de novembro

A segunda edición da Milla Urbana de Lourenzá será o 9 de novembro, e transcorrirá polas rúas do Concello enchendo de actividade deportiva toda la xornada, con eventos para menores e adultos.

As inscripcións estarán abertas ata o 5 de novembro e terán o precio de inscrición para carreira absoluta  de 5 euros para propietarios de chip amarelo championchip e os que non teñan chip, deberán pagar 1 euros a maiores en concepto de aluguer de chip.

As inscripcións dos cativos serán totalmente gratuítas dende Pitufo ata Infantil e poderanse facer única e exclusivamente en  www.championchipnorte.com

Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o sábado na Biblioteca Municipal de 11.00 a 13.00 horas e pola tarde ata media hora antes do comenzo da proba de cada categoría.

O circuíto consta dunha distancia de 800 metros, case totalmente chairo, e transcorrerá polas rúas praza Conde Santo e o casco urbáno. A meta estará situada dentro da praza a 1609 metros.

Os pitufos femininos de 2014 en adiante percorreran 150 metros e sairás ás 19.00 horas e os maculinos ás 19.05 horas. Os prebenxamín femininos farán 250 m. e sairán ás 19.10 horas e os masculinos ás 19.15.

Os benxamín femininos farán 800 m. e sairán ás 19.20 horas e os masculinos ás 19.25. Os alevíns femininos e masculinos percorrerán 800 m. e sairán ás 19.30 e 19.35 respectivamente. Os infantís percorrerán 800 m. e sairán ás 19.40.

Ás 19.45 horas serán os cadetes que percorrerán 1609 m., e ás 20.00 comezarán as senior feminino e ás 20.15 os senior masculino.

Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de todas as categorías, así como medallas para todos os participantes de categorías menores ata a categoría benxamín. E ademais levarán obsequios os campións masculino e feminino empadroados en Lourenzá.

Tamén obsequiarase cunha camiseta técnica conmemorativa a todos os adultos participantes na proba que se inscriban antes do xoves 31 de outubro ou ata fin de existencias.

Etiquetas