Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Foz felicita a María del Carmen Couto ao cumprir cen anos

Por 14 Outubro, 2019Sin comentarios

O Concello de Foz homenaxeou o sábado 12 de outubro á veciña de Fazouro Mari Carmen Couto Aguiar, que cumpriu cen anos nesa xornada. Con este motivo recibiu na súa casa a visita do alcalde focense, Fran Cajoto, e a da concelleira Inés López, que lle entregaron un ramo de flores.

Os representantes municipais comentaron que “é unha muller moi alegre á que lle gusta xuntarse coa súa familia e coas súas amizades. Recibe a todo o mundo cun sorriso e chegar a esta idade con todos os sentidos faina moi feliz, como di ela”.