Skip to main content
ActualidadeO VicedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Vicedo celebra un Pleno no que se aprobará o cambio de luminarias

Por 14 Outubro, 2019Sin comentarios

O Vicedo celebra este mércores 16 un pleno municipal, ás 10 horas, cunha sesión extraordinaria, na que non só se vai proceder ao sorteo de membros para as mesas electorais que se instalarán con motivo das eleción xerais do 10 de novembro, senón que tamén van abordar un proxecto de renovación das luminarias grazas a unha inversión da Deputación de Lugo.

No pleno do mércores do Vicedo, segundo avanzaron os socialistas na oposición, vaise asinar un convenio interadministrativo para a cooperación entre a Deputación Provincial de Lugo e o Concello para o desenrolo o proxecto de renovación de lámpadas e luminarias existentes por luminarias de tecnoloxía LED.

Segundo aparece na orde do día, a corporación municipal vai aprobar tamén a acta da sesión anterior, así como un expediente modificación do presuposto municipal de gastos e o cambio da base 14 de execución do presuposto municipal para 2019.