Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A parroquia de Masma, en Mondoñedo, celebra as súas festas

Por 10 Novembro, 2019Sin comentarios

A parroquia de Masma, no Concello de Mondoñedo, celebrará as súas festas patronais o 30 de novembro e o 1 de decembro.

A xornada festiva, dará comezo ás 13.00 horas coa misa solemne, e a sesión vermú que estará a cargo da orquestra Trébol.

A partir das 22.30 horas haberá unha gran verbena coas orquestras Trébol e Stéreo.

Xa o domingo 1 de decembro, repetirase o oficio relixioso ás 13.00 horas e a continuación será a sesión vermú a cargo do grupo Lume.

A organización recorda que haberá recinto cuberto con carpa e calefacción, ademais de amplos aparcamentos.