A ITV agrícola estará en Xove o día 22 de outubro

A unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas estará en Xove o día 22 de outubro.

A estación itinerante estará diante do cuartel da garda civil do municipio en horario de 9 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas.

Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309 000 ou a través da web www.sycitv.com. A organización lembra que no se pasará inspección a vehículos con carga nin a vehículos con apeiros.

Etiquetas