Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Viveiro acolle un acto de recoñecemento para Adrián Ben

Por 16 Outubro, 2019Sin comentarios

A alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro García, advirte de que o Concello está a organizar un acto de recoñecemento ao atleta Adrián Ben, que terá lugar o venres 18 de outubro de 2019, ás 20.00 horas, na praza Maior.

Dende o equipo de goberno animan a todos os veciños e veciñas a que se acheguen a esta praza para arroupar a Adrián e mostrarlle o recoñecemento, gratitutude e cariño da súa vila natal polo grande éxito obtido no Mundial de Doha e pola súa grande valía, como deportista e ser humano.