Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Cervo vólcase coa celebración do Día Mundial do Cancro

Por 17 Outubro, 2019Sin comentarios

A delegación de Sanidade do Concello de Cervo, que dirixe Mali Méndez, programa para o Día Mundial de Loita Contra o Cancro de Mama, o vindeiro sábado, 19 de outubro, unha andaina solidaria, que partirá ás 17.30 horas, do peirao de San Cibrao.

A continuación haberá unha sesión de ioga na Casa do Mar da localidade.

Ademais, durante este mes de outubro, o Mes Rosa, permanecen iluminados desta cor os edificios públicos, coma as antigas fábricas de salgadura, a Casa da Cultura e o Concello, como acto simbólico de sensibilización sobre esta doenza.