Mondoñedo licita a ampliación do Camiño de Fondoso nos Remedios

O Concello de Mondoñedo presta especial atención á mellora das infraestruturas viarias, como peza esencial do desenvolvemento do municipio e a mellora da calidade de vida dos seus veciños. Nesta liña, saca a licitación as obras de ampliación do Camiño de Fondoso, nos Remedios (Nosa Señora dos Remedios). O orzamento ascende a 70.355,22 euros.

As obras a executar, según explica a alcaldesa popular, Elena Candia, inclúen o despexe da zona, retirada de postes e sinais, así como a demolición dun muro e dos drenaxes existentes. No proxecto figura a construción dun novo muro e dos drenaxes, así como a renovación do firme, rematado en aglomerado en quente, a instalación de sete puntos de luz do alumeado público, a instalación de 95 metros de barreira de seguridade e o pintado das marcas viais.

A execución das obras é posible despois de chegar a acordos con sete propietarios de terreos. A alcaldesa expresa o seu agradecemento ás familias propietarias do chan afectado polas obras pola boa disposición que mostraron en todo momento para chegar a acordos.

Candia recorda que esta obra viña sendo demandada polos veciños dende anos atrás e figuraba no programa electoral do PP de Mondoñedo para as eleccións municipais. A alcaldesa sinala que esta obra ten especial relevancia porque afecta a unha zona do municipio que é economicamente activa.

Etiquetas