Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Bloque de Viveiro quere saber se o Concello vai empezar a gravar os plenos

Por 17 Outubro, 2019Sin comentarios

O BNG de Viveiro expón que hai dous meses que se aprobou en pleno a moción do BNG sobre a gravación e a retransmisión das sesións plenarias, unha moción que tamén incluía facilitar a participación das veciñas e veciños a través da creación do denominado escano da veciñanza, para que puidesen expresar directamente no pleno as súas queixas, demandas ou propostas en primeira persoa. Os nacionalistas queren saber en que grao se está poñendo en marcha este sistema que permitirá aos veciños ver as sesións plenarias.

Si se aprobou a gravación dos plenos, mais rexeitouse o devandito escano cos votos en contra do PP e a abstención do resto de partidos políticos que conforman a corporación municipal; PSOE, Por Viveiro e Son Viveiro.

Co obxecto de mellorar o acceso das veciñas e veciños aos debates, o BNG preguntará no vindeiro pleno ao goberno municipal, en que grao de execución se atopa a posta en marcha do sistema de gravación e retransmisión das sesións plenarias.

“Dende o BNG vémolo como unha ferramenta básica para que a veciñanza coñeza e se implique na toma de decisións que lles afectan directamente no seu día a día”, aclara a concelleira Míriam Bermúdez, que expuxo, negociou e debateu esta moción en pleno.