Skip to main content
ActualidadeO ValadouroSecciones TerraCháXATrabadaZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Trabada e O Valadouro acollerán sendos cursos para mellorar a xestión do monte

Por 17 Outubro, 2019Sin comentarios

A Asociación Forestal de Galicia (AFG) está a desenvolver este outono en toda Galicia un amplo programa formativo dirixido a mellorar o manexo silvícola do monte. Os próximos cursos, que abordarán a xestión de xuntas reitoras de comunidades de montes, desenvolveranse este venres 18 en O Valadouro (Local social da comunidade de montes de Alaxe, en Tanín), a partir das 16 horas; e o sábado 19 en Trabada (Teleclub de Vilapena), a partir das 10 horas.

O obxectivo do curso sobre xestión de xuntas reitoras é revisar os aspectos básicos de cara a mellorar o funcionamento das comunidades. A acción formativa aborda as seguintes cuestións, entre outras: organización e administración da comunidade, lexislación aplicable, planificación da xestións dos recursos do monte e réxime fiscal ó que están sometidas as comunidades de montes.

Ambas actividades permitirán que as persoas asistentes actualicen os seus coñecementos para impulsar unha mellora na xestión forestal e organizativa dos seus montes.

Os cursos, que contan co apoio da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), son gratuitos, pero é precisa a inscripción previa, ben a través do e-mail afg@asociacionforestal.org, ben a través dos teléfonos 981 564 011, 986 660 864 e 618 752 214.