Foz acolle un curso de karate kumite o 19

O vindeiro sábado 19 de outubro vaise celebrar en Foz un curso de karate deportivo na modalidade de Kumite (combate) que será impartido polo Maestro Rubén Villaverde Canal, campión de España e de Europa. 

Terá lugar no polideportivo de Marzán, a partir das 11 horas.

Está organizado polo clube local de karate Shitokai de Foz coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Foz e contará coa asistencia de máis de 40 karatekas mariñanos e asturianos. 

Villaverde foi campión de Europa cadete en 1995, quedou como terceiro clasificado júnior de Europa en 1997 e foi subcampión de Europa júnior no 1998. Acadou o campionato de España individual en catro ocasións e outras catro por equipos, dez veces foi campión de Asturias e seis, campión nacional de estilo Gensei ryu.

Por último, reseñar que este curso estará aberto a todo aquel karateka que estea interesado en mellorar na faceta de kumite. Julián Martín Gómez, director técnico do clube Shitokai de Foz, anima a poñerse en contacto con eles no mail shitokaigalicia@gmail.com. 

Etiquetas