Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Unha vintena de persoas aprende a instalar placas de xeso laminado en Ribadeo

Por 17 Outubro, 2019Sin comentarios

O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, acolle un curso de instalación de placas de xeso laminado, actividade formativa que conta con 25 participantes.

O xefe do Departamento de Edificación e Obra Civil no CIFP Porta da Auga, José Méndez de Andés, explica que se trata “dun curso de iniciación á colocación de placa de xeso laminado que imparte a empresa Placo, pertencente ao grupo Saint-Gobian, que é un referente a nivel nacional e internacional  na fabricación de todo tipo de materiais de xeso laminado. Aquí está presentando novos produtos para o exterior de vivendas”.

O curso, que ten unha duración total de 15 horas de formación, empezou o martes e continúa ata este xoves. Conta con 25 participantes e “ademais das explicacións teóricas que lles están dando os asistentes tamén fan prácticas cos produtos desta empresa”.