Skip to main content
ActualidadeOurolSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Mariña Patrimonio anima a visitar Ourol a finais de mes

Por 18 Outubro, 2019Sin comentarios

Mariña Patrimonio organiza para o día 27 de outubro unha visita guiadada ao concello de Ourol para coñecer o  seu patrimonio civil e relixioso máis salientable. Ademais de a Ourol, achegarémonos a Bravos, Xerdiz e Vilares.

No caso de que haxa un número suficiente de persoas, pensamos facer o desprazamento en bus con traxecto Foz – Ourol (con paradas intermedias, das que se informará así como dos horarios). Esta opción é a máis recomendable xa que hai que moverse de visita a visita. As persoas que estean máis afastadas, poderían incorporarse ao bus en Foz. Como vén sendo habitual neste tipo de saídas, haberá un xantar no que poderán participar todas as persoas que o desexen.

A data límite para anotarse remata o luns 21 de outubro. As persoas interesadas que nolo fagan saber a través do correo mr.patrimonio@gmail.com indicando nome, se é socio/a ou non, e as opcións que lle interesan, para ter tempo de contratar o bus e reservar o lugar para xantar.

O martes 22 informarase as persoas anotadas sobre o importe e o número de conta onde facer o ingreso.