Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

O porto de Celeiro acolle as Xornadas Técnicas

Por 28 Novembro, 2019Sin comentarios

O porto de Celeiro acolle a edición XXIV das Xornadas Técnicas de Celeiro esta fin de semana, comezando o día 29 e 30 de novembro.

Este foro pesqueiro constitúe o simposio de referencia do sector, e a organización sinala que “considera que se trata de dun evento tradicional como punto de encontro obrigado para os profesionais, e no que teñen cabida todos os eslabóns do sector”.

A temática deste ano marca a responsabilidade de apostar por unha xestión sostible e respetuosa do ecosistema mariño. Aínda que o carácter multidisciplinar do evento recollerá temas de candente actualidade.

Entre os temas serán a contaminación mariña, a comercialización, o consumo de novas tendencias, os mercados, a seguridade alimentaria, o PPC, a pesca social-tripulacións, o reglamento de control, a pesca ilegal IUU; os desafíos internacionais da pesca, os informe de política pesqueira ou o escenario post-Brexit.

O cartel de expertos que analizarán toda esta temática está composto por diversos especialistas de recoñecida valía e prestixio na materia como Alicia Villauriz, secretaria xeral de Pesca; Javier Garat de Cepesca; Gerard Van Baalfoort, presidente de EUFA-Alianza Europea da Pesca; Despina Symons Pirovolidou, directora de EBCD; Mercés Rodriguez, directora Xeral de Pesca e Acuicultura da Xunta de Galicia; Mariña Santurtún de AZTI; Javier Remiro da Fundación Biodiversidade; Marta Munné e Xavier Pera da AECOC; Jorge A. Martinez Sánchez e José A. Santana de Carrefour; e Gabriel Celaya de Marine Instruments.