O Valadouro acollerá un torneo de bridge

O hotel Vila do Val do Valadouro acollerá a celebración dun torneo de bridge os días 25 e 26 deste mes de outubro no que se darán cita 40 parellas chegadas da Península e Portugal.

Está organizado polo Club Brigde Cidade de Lugo e dará comezo o venres, 25, ás 20.00 horas. O sábado 26 a partir das 11.00 horas os asistentes realizarán unha visita cultural pola comarca e pola tarde iniciarase a segunda sesión do xogo.

Para participar é necesario inscribirse a través dos números de teléfono 678 747 360 e 618 591 474, e do correo electrónico elvirapalmeiro@gmail.com. O prezo é de 60 euros para o federado e inclúe canon federativo, arbitraxe, dirección, cea e cóctel.

Os premios serán de 600 euros para o primeiro, 400 euros para o segundo e 300 euros para o terceiro. Además a primeira parexa sen xogadores de 1ª categoría recibirá 200 euros; e a segunda sen xogadores de 1ª e 2ª categoría 150 euros.

Etiquetas