Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A FCAM reparte cartas para facer chegar á Moncloa 80.000 misivas en prol de Alcoa

Por 19 Outubro, 2019Sin comentarios

A Federación de Comercio A Mariña enviará 5.000 cartas ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, de socios  e empregados da FCAM amosando o seu apoio a Alcoa e para solicitarlle que tome as decisións oportunas para que a planta de San Ciprián poida competir en igualdade de condicións que o resto do sector en toda Europa. 

A FCAM, a través de cada unha das oitos Acias que a conforman, poñerá a disposición dos clientes e da veciñanza destes municipios, cartas para remitir á presidencia do Goberno: “só terán que poñer o selo e o remite, si así o desexan, para así personalízalas para envialas”. O obxectivo é chegar ás 80.000”, explicou José Carlos Paleo, presidente da Federación de Comercio A Mariña. 

Na carta dirixida a Pedro Sánchez a FCAM explícalle que aglutina a cerca de 1.000 negocios e autónomos e 5.000 empregos directos das oito asociacións de comerciantes do norte lucense que a forman: Ribadeo, Foz, Burela, Lourenzá, Xove, Viveiro, Covas e O Vicedo. 

A Federación de Comercio A Mariña amósalle á preocupación pola incertidume que pesa sobre a planta que Alcoa ten en San Cibrao (Cervo). A factoría xera 1.100 postos de traballo directos e outros 700 indirectos. É a empresa máis importante que ten a provincia de Lugo. O seu peche sería unha catástrofe, aseguran, para a comarca.

José Carlos Paleo subliñou que “o futuro de Alcoa depende dunha decisión económica. Consideramos, e así o expoñemos neste documento, que é mellor investir en mantemento competitivo que en paliar a destrución de emprego”. 

O documento remata convidando a Pedro Sánchez a visitar a Mariña

A FCAM amosa tamén o seu apoio e preocupación con todo o que está a acontecer con Endesa, de As Pontes, a súa comarca e a Terra Chá, moi vinculada e cunha relación directa coa Mariña. 

No acto de presentación da campaña estiveron xunto a José Carlos Paleo, os presidentes das Asociacións de Comerciantes de Ribadeo, Burela e Xove e a xerente do CCH de Viveiro.