Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A directora da Uned animou a matricularse nos cursos que ofrecen en Foz

Por 21 Outubro, 2019Sin comentarios

A directora da UNED de Lugo, Ana Belén Traseira, visitou o Concello de Foz para analizar o arranque do novo curso universitario e animar a matricularse ata o vindeiro mércores, día 23. Foi recibida polo alcalde focense, Fran  Cajoto.

Ademais o centro da UNED de Foz ten aberta a matrícula para dez cursos de extensión universitaria: 

Monitor de tempo libre (5ª edición). Homologado pola Xunta de Galicia.  Sábados e domingos do 19 de outubro de 2019 ao 2 de febreiro de 2020. (Presencial).

Prevención, Diagnóstico e Avaliación do Maltrato Infantil. Homologación provisional Academia Galega de Seguridade (AGASP). Os mércores 6, 13, 20 de novembro e 4 de decembro de 2019, de 18:30 a 20:30 horas. (Presencial e on line).

Director de Actividades de Tempo Libre. Homologado pola Xunta de Galicia. Sábados e domingos do 9 de novembro de 2019 ao 1 de febreiro de 2020. (Presencial).

A pesca e a súa transformación na Galicia Cantábrica. De Cariño a Ribadeo: artes, salgadura e conserva. Os martes do 26 de novembro de 2019 ao 24 de marzo de 2020. (Presencial e on line).

Prevención da Violencia no ámbito familiar. Curso válido como formación continua para mediadores do Ministerio de Justicia do goberno de España. Homologación provisional Academia Galega de Seguridade (AGASP). Do 27 de novembro ao 3 de decembro de 2019, de 16:00 a 21:00 horas. (Presencial e on line).

Educación afectivo sexual: Recursos para a Igualdade. Os días 9, 10, 12 e 13 de decembro de 2019, de 16:00 a 18:00 horas. (Presencial).

Coidados ao Ancián: Do 9 ao 13 de decembro de 2019, de 16:30 a 20:30 horas. (Presencial)

Biodiversidade e conservación mariña (4ª edición). Do 9 ao 13 de decembro de 2019, de 17:00 a 21:00 horas. (Presencial e on line).

Deseños 3D con Freecad (Parte I). O 9 e o 16 de xaneiro de 2020, de 16:30 a 20:30 horas. (Presencial e online).

A historia local do Concello de Foz en 20 historias. Os luns do 20 de abril ao 18 de maio de 2020, de 16:30 a 20:30 horas. (Presencial).

Os interesados poden recibir máis información sobre estes cursos poñéndose en contacto coa Aula Universitaria de Foz no teléfono 982.133.699 ou por whatsApp no 604 034 549 ou por correo electrónico en foz@lugo.uned.es.