Fomento anuncia as obras que darán saída as escorrentías na A-8 en Mondoñedo

O Ministerio de Fomento publicou o 16 no Boletín Oficial do Estado a aprobación do expediente de información pública e definitivamente o trazado da Construción da baixante escalonada baixo o viaducto de Vedrós da Autovía do Cantábrico A-8, nos kilómetros 544 e 500, en Mondoñedo.

O procedemento de información público iniciouse mediante a publicación no BOE do 30 de outubro de 2018 da resolución da aprobación provisional do proxecto de trazado. A actuación consiste na execución dunha arqueta de entrada de formigón armado, executado in situ, que actuará como balsa de retención no punto do val no que se concentra a escorrentía, seguida dunha baixante escalonada do mesmo material ata augas abaixo do viaducto de Vedrós, na A-8.

A finalidade das obras é canalizar a agua de escorrentía impedindo o contacto do curso da auga co terreo natural e en consecuencia, a súa acción erosiva. Estas obras definiránse en detalle no proxecto de construción que se redactará dacordo ao anuncio publicado.

Etiquetas