Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Ribadeo repartiu contedores para os supermercados e os placeiros

Por 21 Outubro, 2019Sin comentarios

O Concello fixo entrega de 14 contedores para uso exclusivo dos supermercados da vila e das vendedoras e vendedores da praza de abastos de Ribadeo. Ata esta instalación se desprazaron os concelleiros de Medio Ambiente e de Desenvolvemento Local, Jorge Díaz e Pablo Vizoso. Xunto a eles estivo o presidente da asociación de praceiros, Manuel González. 

Díaz Freije explicou que “estes contedores están perfectamente rotulados e contan con peche. Serán eses establecementos os que se encargarán de sacalos á rúa cando rematen as súas xornadas de traballo e de recollelos ao día seguinte. Tamén correrá da súa conta a súa limpeza e o seu lavado”.

O concelleiro de Medio Ambiente subliñou que “deste xeito eliminaremos moitos cheiros innecesarios das rúas, sobre todo en época de calor”.