Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Últimas horas para apuntarse á cea solidaria contra o cancro, en Foz

Por 21 Outubro, 2019Sin comentarios

Os focenses contribuirán coa Asociación Española da Loita contra o Cancro, AECC, nunha cea e baile solidarios que terán lugar no hotel Leytón da localidade o sábado 26 de outubro, ás 22 horas.

Os organizadores animan a todo o que queira acudir a apuntarse e reservar as tarxetas para cear no hotel Leytón canto antes, a ser posible este mesmo luns, día 21, na delegación local da AECC ou chamando ao 696 583 146.

O Concello de Foz apoia esta cita solidaria da delegación local da AECC na que se sortearán agasallos entre os asistentes. O menú custa 30 euros es está composto por ameixas á marineira, tenreira asada con guarnición, postre caseiro, viños de bodega Ribeiro e Rioja, café e chupito.