Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Críticas ao alcalde de Burela ao afirmar que gastará convocando outro Pleno para fixar días festivos

Por 22 Outubro, 2019Sin comentarios

O presidente dos populares bureleses, Manuel Rouco, asegura que “o Concello de Burela está manga por ombro. No equipo de goberno, e por extensión na Casa Consistorial, reina o descontrol, xa que Alfredo Llano, o actual alcalde en funcións, ten perdido completamente o rumbo”, afirma. Rouco fai esta aseveración logo de ver como “téndose celebrado un Pleno extraordinario este pasado mércores, día 16, o socialista convoca o venres 18 outro coa súa conseguinte comisión informativa, para este mércores, co único obxectivo de fixar os días festivos con carácter local para 2020, o que nos parece un absoluto sen sentido”.

O popular, que explica que a fixación dos días de festa local se ten producido, outros anos, en Plenos celebrados no mes de setembro, considera que “ademais do descontrol que isto reflexa, supón un gasto engadido para o Concello que o alcalde actual ven puido evitar: entre a comisión informativa e o Pleno, só en asistencias se podían aforrar mil euros se este asunto se levara ao Pleno celebrado o pasado mércores día 16”.

O presidente os populares de Burela considera que “Llano só está para fotos e festas. Un alcalde sen rumbo, un equipo de goberno desnortado, e un Concello fóra de control, con tres dos catro postos de traballo de carácter técnico fundamentais sen cubrir ou cubertos en precario, o que provoca retraso na tramitación dos expedientes e ausencia de coordinación. Ao final, os damnificados son os veciños e as veciñas de Burela”, conclúe.