Falemos do pé plano…

Por Yaiza Puente

Fai anos, cando aínda existía o servizo militar no noso pais, unha das premisas para poder participar era non ter os pés planos. Isto fixo que se estigmatizara moito o pé plano, considerándoo como incapacitante para realizar exercicio físico.

Pero, ¿realmente é un problema para a vida cotiá?  ¿podemos considerar o pé plano coma un problema?

O pé plano defínese coma un pé que presenta unha disminución da altura da bóveda plantar, acompañado dun aumento da superficie de apoio plantar debido á caída do pé cara a zona interna.

As causas máis comúns son a herdanza xenética, a presenza de patoloxías osteoarticulares ou neurolóxicas, a disfunción do músculo tibial posterior, a presencia de coalicións tarsais (presenza de ósos fusionados que non permiten a conformación do arco) ou o pe plano congénito que se caracteriza por unha verticalización do astrágalo, entre outras.

A maioría dos pés planos son asíntomaticos, é dicir, pese á ausencia do arco plantar non manifestan ningún síntoma incapacitante. Sen embargo, noutros casos preséntase unha disminución da movilidade, torpeza ao camiñar ou ao correr, deformidade do pé, calambres, caídas frecuentes, fatiga, dores nas rodillas ou caderas por un mal apoio, desgaste irregular da sola do zapato…

Cando nacemos todos temos o pé plano ata que cumprimos os 3-4 anos. Os desenrolo dos ósos do pé é desigual, algúns confórmanse na etapa fetal e outros fano de maneira moito máis tardía coma o óso navicular. Por iso, esta condición considérase fisiolóxica durante a infancia e a medida que se produce o crecemento vaise conformando o arco plantar e polo tanto desaparecendo o pé plano. Aconséllase facer  unha revisión podolóxica anual para ver a evolución de cada neno, pois cando non se corrixe o pé plano de forma espontánea debemos realizar un tratamento específico.

O pé plano non é unha condición exclusiva da infancia, tamén se pode presentar na idade adulta. Pode suceder que un pé normal co paso do tempo se converta nun pé plano debido  unha forma de pisar inadecuada e a unha disfunción no  músculo tibial posterior, que é o encargado de “suxeitar” o arco plantar.

¿Como podemos axudarche se tes pé plano?

Durante a etapa pediátrica o mellor tratamento é a prevención. Realizar revisións podolóxicas anuais para ver a evolución do arco plantar, e si fora necesario incluir un tratamento ortopodolóxico a medida (plantilla personalizada). Durante a etapa adulta é importante a realización dun estudo biomecánico da pisada para poder detectar posibles alteracións que desemboquen nunha pérdida do arco plantar.

Ademáis do tratamento mediante plantillas que corrixa a pisada, é moi importante a realización de exercicios específicos, tanto estiramentos como exercicios de potenciación da musculatura. Nalgúns casos tamén está indicada a cirurxía.

É moi importante o uso dun calzado adecuado que suxeite ben o pé. Debe ser un calzado abotinado, con suxeición mediante cordóns ou velcro, cun contraforte posterior relativamente ríxido que suxeite o calcáneo.

¿Que podemos facer para evitar problemas de mobilidade?

A realización a diario de exercicios que manteñan sempre a funcionalidade do pé plano é moi importante. Algúns dos que aconsello son os seguintes, un dos exercicios consiste en deixar caer una toalla no chan, poñer o pé nun dos estremos da toalla e intentar coller a toalla cos dedos, intentar arrugala ou plegala. Andar de puntillas e andar pola praia descalzo xa que o chan inestable fai que traballe a musculatura propia do pé ou realizar estiramentos.

En conclusión, se observas algunha alteración na altura do arco plantar, dor nas pernas ou pés, torpeza ao camiñar ou ao correr, fatiga, desgaste irregular do calzado… é moi importante acudir ao teu podólogo de confianza para realizar un completo estudio biomecánico da pisada e obter un diagnóstico que nos permita poñerlle solución.

¡Recorda! Coa saúde dos teus pés non xogues, sempre é mellor previr que curar.

Etiquetas