Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Os cervenses de Trasbar invitan ao seu magosto

Por 22 Outubro, 2019Sin comentarios

A asociación veciñal do Burgo de Trasbar de Cervo invita a participar do seu magosto, o vindeiro 26 de outubro, ás 19 horas no seu local social segundo o previsto.

Teñen programada unha xornada coa actuación do grupo teatral Axóuxeres da parroquia focense de Vilaronte que forma parte do programa teatral da Deputación Buxiganga.

E por suposto haberá castañas e venderase o cucurucho a 1,50 euros, que se pode acompañar dun bocata de panceta por 2 euros e por 3 euros para os non asociados.

Precisamente, no seu perfil de Facebook, os veciños de Trasbar publicaron recentemente as fotos que demostran o traballo realizado por eles en colaboración con voluntarios de Alcoa no acondicionamento do seu local social.