Os Sendeiros de Foz van de ruta por Asturias

A agrupación de sendeiristas Os Sendeiros de Foz invita a ir canda eles de ruta por Nava e Les Praeres, con Mies, de Oviedo, o domingo 27 de outubro. Aínda que advirten sobre que convén anotarse ata o día 23.

Para inscribirse nesta andaina coa que colabora o Concello de Foz pódese chamar aos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou ben escribindo a ossendeiros@yahoo.es.

A comitiva partirá ás 7 horas de Ferreira e ás 7.20 horas do Concello de Foz e recomendan levar equipo de sendeirismo, aínda que a dificultade é media.

Os Sendeiros exímense de calqueira responsabilidade respecto de excursionistas ou subsidiarios dentre os que participen nas súas actividades sen ter licencia federativa, xa que actúan baixo a súa responsabilidade.

Etiquetas