Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Ribeira de Foz láiase de que os orzamentos non contemplen os problemas do Porto Chico

Por 23 Outubro, 2019Novembro 7th, 2019Sin comentarios
Portos de Galicia fai públicos os presupostos para o ano que ven na Mariña 1.363.018 euros que se repartirán entre os concellos de Viveiro, Burela, Ribadeo e Xove. Dende o colectivo de A Ribeira de Foz, queren felicitar a estes concellos e a Portos de Galicia por mirar pola Mariña. Por outra parte, os socios de A Ribeira de Foz están moi preocupados, xa que comproban que non se destinou nada neses presupostos para comenzar a solucionar os graves problemas que temos no peirao de Porto Chico.

Comprobaron, tras ver os presupostos, que como mínimo outro ano máis, as 70 embarcacións deportivas que atracan neste peirao van seguir quedando varadas en seco nas mareas baixas e o peor é que van a seguir sufrindo os temporais deste inverno pola falta de abrigo que o deseño actual do peirao ofrece, o que fará perigar as embarcacións. Un ano máis, este inverno terán que retirar e subir as embarcacións á terra para evitar a posible perda das mesmas e os barcos profesionais van seguir sen poder usar este peirao que tanto necesitan pola mesma falta de abrigo e calado.Tamén lles preocupa moito o feito de que outro ano máis, as embarcacións de salvamento de Protección Civil e socorristas que operan no Concello de Foz e no Concello de Barreiros non poidan traballar con normalidade e que poidan repetirse feitos tan graves coma os de este pasado verán, onde unha das embarcacións de salvamento non puido axudar ao rescate dunha persoa que estaba afogar nunha das praias de Barreiros, por non poder saír do seu atraque o estar varada a zódiac na baixamar.

Preocúpalles tamén e moito que outro ano máis non se lle vaia dar cobertura a alargada lista de espera existente para poder ter un atraque deportivo en Foz.

Son coñecedores de que recentemente se fixeron cambios importantes no organigrama de Portos de Galicia, coa incorporación do señor Roi Fernández Añón como director, e da señora Susana Lenguas como presidenta, coa que queren manter unha reunión dende fai tempo e que solicitaron para poder explicarlle en primeira persoa a necesidade imperiosa que hai en Foz por parte dos socios da Ribeira, Club Náutico e a Cofradía de Pescadores por dar unha solución ao peirao de Porto Chico.

Recalcan para concluír os seus parabéns aos concellos que se lles presupostan solucións para este ano, porque teñen moita necesidade de que se mire polos seus peiraos e de que comecen por fin a solucionar problemas e demandas, que teñen dende fai moito tempo, engaden. Polo tanto, congratúlanse de que por fin se lles dea atención, como a que se lle deu a Foz o ano pasado dragando e arranxando despois de 40 anos o peirao do muelle.