Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Críticas en Ribadeo porque o presidente provincial non falara do abastecemento

Por 23 Outubro, 2019Sin comentarios

O voceiro do grupo municipal popular ribadense, Daniel Vega, considera “moi grave” que “o máximo representante da Deputación Provincial visite Ribadeo e non dedique nin un minuto a falar da obra máis importante para os ribadenses neste momento: o abastecemento de auga”.

O popular sinala que “se trata dun tema serio” e cre que o goberno bipartito na Deputación se debería sumar á proposta da Xunta que permitiría levar a cabo este proxecto da man da colaboración das tres administracións, “incluíndo tamén ao Concello do que é competencia o abastecemento da auga”.

De feito, Vega apela unha vez máis á colaboración institucional e recorda que “o Grupo Municipal do PP foi o primeiro en falar no Pleno do tema do abastecemento de auga sen entrar en electoralismo”; mentres se lamenta das críticas que Fernando Suárez verte sobre a Xunta a pesar de que foi a primeira administración que mostrou interese por colaborar e investir na rede de abastecemento ribadense e, incluso, ten xa comprometido no Orzamento para o 2020 o investimento de 100.000 euros dirixidos á primeira fase do proxecto da rede de abastecemento”.

Vega critica, así mesmo, que “o goberno bipartito na Deputación Provincial só veña a Ribadeo en época pre-electoral a falar de obras que xa teñen anunciado por activa e por pasiva”.

O voceiro popular lamenta tamén que “os representantes dos gobernos local e provincial non aproveitasen para falar doutras infraestruturas coma as obras de Arante, Santalla ou sobre o arranxo e acondicionamento da estrada LU-P-5207, de titularidade provincial, que é unha das principais arterias de comunicación de Ribadeo ao dar acceso á zona escolar e deportiva dende o casco urbano”.