A Garda Civil previrá aos maiores cunha charla en San Román do Vicedo

Os veciños de San Román do Val no Vicedo recibirán unhas charlas preventivas por parte de axentes da Garda Civil o sábado, 26 de outubro, ás 18 horas.

A entrada á charla, que se impartirá na Escola do Vilar, será de balde e está enmarcada no denominado Plan Maior de Seguridade da Garda Civil polo que é unha sesión informativa sobre prevención e mellora da seguridade dos cidadáns de máis idade. Son un dos colectivos máis vulnerables, e aínda máis se viven sós no medio rural, principalmente para aqueles delincuentes que se fan pasar por revisores da luz ou do gas, entre outras tipoloxías de estafas, destinadas a enganar aos veciños para roubarlles na súa casa ou pedirlles diñeiro.

De feito, os veciños de San Román estaban preocupados por estes incidentes despois de que se denunciaran varios na zona e co ánimo de previr estas situacións, solicitaron a axuda da Garda Civil que virá a aconsellar aos cidadáns sobre como terían que proceder.

Dentro do Plan Maior de Seguridade, membros da Garda Civil impartirán unha conferencia formativa sobre prevención dirixida aos maiores na que farán recomendacións sobre como evitar furtos e timos sobre todo no entorno rural. O acto será o sábado 26 de outubre ás 18.00 horas na Escola do Vilar, coma insisten en lembrar os veciños de San Román do Vicedo xa que é a súa organización a que organiza a cita cuxa entrada será gratuíta. 

Etiquetas