O grupo Nordés organiza unha ruta de tapas micolóxicas polo Vicedo

O colectivo Nordés invita a todo o que queira a visitar O Vicedo este venres e aproveitar para degustar algunhas das tapas micolóxica que haberá nos establecementos hostaleiros dentro das sextas xornadas micolóxicas que organiza o grupo.
Así, o venres 25 de outubro, no Vicedo, ofreceranse tapas elaboradas con cogomelos a 2 euros a unidade, dende as 20.00 horas, nos seguintes locais: Mesón O Remo: Estufado de tenreira cachena con níscalos. No Bar San Esteban: Risotto de cogomelos con gambas e
Bar Santo Domingo: Callos de lingua de vaca.
E o sábado 26, Nordés realiza unha saída ao monte con micólogo J.Luis Cuba. Poden obter máis información no 653 756 554.

Etiquetas