Skip to main content
ActualidadeBarreirosSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Barreiros rematou as obras de mellora en varios parques infantís

Por 25 Outubro, 2019Sin comentarios

O Concello de Barreiros ven de supervisar a finalización das obras de mantemento e reforma de varios parques infantís do municipio. Este contrato incluía a instalación de pezas novas, o adecentamento dos elementos xa existentes, así como mellora dos pavimentos e peches para os parques infantís dos núcleos de San Miguel, Agolada en Benquerencia e no San Bartolo.

As obras, que contaban cun presuposto de 25.912,15 euros, foron financiadas nun 70% pola Xunta de Galicia e o 30% con fondos municipais.