Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Tres exparlamentarios explicáronlles as institucións aos rapaces no IES Perdouro de Burela

Por 25 Outubro, 2019Sin comentarios

O Parlamento de Galicia e a Asociación de Exparlamentarios/as organizaron unha charla-coloquio no IES Perdouro de Burela.

Neste acto participaron os exdeputados María Dolores Faraldo Botana, Ismael Rego González e Alberte X. Rodríguez Feixóo.

As charlas-coloquio son sesións divulgativas que teñen como obxectivo que o alumnado poida coñecer de preto o traballo que se desenvolve no Parlamento de Galicia.

Os exparlamentario explican as funcións da Cámara autonómica, a súa composición e órganos, e contestan ás preguntas do público asistente. A charla compleméntase cunha proxección audiovisual, que fai un percorrido pola realidade da principal institución política de Galicia.