Unha charla en Barreiros porá en valor aos hórreos galegos

A parroquia barreirense de San Miguel de Reinante acolle este sábado, 26 de outubro, un parladoiro con Manuel Rivero sobre signos e símbolos, nomeadamente os hórreos da Mariña, ao que engade no título que son parte da memoria dos tempos idos.

A asociación para a defensa do patrimonio cultural percorre Galicia con este tipo de ponencias que poñen en valor os recursos de cada zona para que os cidadáns sexan conscientes do que teñen e de preservalo.

A cita terá lugar ás 17.30 horas, nos colexios vellos de San Miguel.

Etiquetas