Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Ribadeo ofrece un fin de semana de tapas asturianas

Por 26 Outubro, 2019Sin comentarios

As xornadas gastronómicas de Asturias en Ribadeo están animando a vila ata a noite do domingo. Vintecinco establecementos de hostalería participarán nas xornadas coas súas elaboracións da mellor gastronomía asturiana. Entre estes locais figuran: O Tumbín, Cienfuegos, O Lar de Manolo, La Botellería, A Dorada, Galipizza, Porta Norte, Bar Galicia, O Alén, Chamaye Estopa, O Cabazo, Costa Verde, Delicates, Queimada, Rosa Lar, La Solana, El Rincón del Gordo, Náutico, Mesón Morriña, La Lira, Mesón O Indiano, Mareta e A Quinta. Estes locais ofrecerán tapas, racións e menús especiais ao longo desta última fin de semana do mes de outubro. 

Acisa Ribadeo programou ademais varias actuacións musicais para amenizar esta cita gastronómica. O sábado 26 ás 21.00 horas na rúa San Francisco ofrecerá un concerto Moot´Moller, e ás 22.00 horas na praciña de San Roque estará Viti Gutier; o domingo 27 a partir das 13.00 horas percorrerá as rúas da vila a banda de gaitas El Penedón. 

Por outra banda, Acisa traballa xa no mes das tapas que terá lugar os xoves e os venres de novembro desde o día 7. Desde a xerencia da asociación fan unha chamada “a participación da hostalería local nesta nova cita gastronómica coa que pretendemos dinamizar as noites dos xoves e dos venres en novembro, un mes considerado como baixo polo sector”.