Axudas para os pilotos que participan en rallies coma o da suba á Pontenova

As achegas, destinadas a custos relacionados coa actividade competitiva, suman un importe de 45.000 euros

Vintecatro pilotos lucenses beneficiaranse das bolsas para deportistas individuais na especialidade de rally de asfalto, terra ou montaña que concede a área de Deportes. A Xunta de Goberno aprobou este venres a concesión das achegas, que suman un importe de 45.000 euros.

As axudas teñen por obxecto a cobertura dos custos relacionados coa actividade competitiva.  Dacordo coas bases, entréganse a pilotos federados empadroados en concellos lucenses que teñan participado como mínimo nunha das catro probas oficiais federadas que se disputan na provincia – Rally San Froilán, Rally da Ulloa, Subida a Chantada e Subida á Pontenovaou en dúas probas de carácter oficial fóra da provincia.

Trátase de bolsas en réxime de concorrencia competitiva, na que se valoran os méritos deportivos acadados polos pilotos ao longo da temporada.

Etiquetas