Skip to main content
ActualidadeO VicedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Vicedo comezou inscribir na festa dos avós e dos netos

Por 27 Outubro, 2019Sin comentarios

O alcalde do Vicedo, Jesús Novo, publicou un bando para informar á cidadanía sobre o vixésimo encontro interxeracional de avós e netos que volverá celebrarse na localidade o vindeiro 16 de novembro.

Poderán participar neste encontro, que ten lugar no pavillón polideportivo, aquelas persoas empadroadas no municipio que sexan xubiladas acompañadas polos seus cónxuxes, aínda que este último non estea xubilado e tamén polos netos, con idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos.

O prazo de inscrición está aberto dende o 18 de outubro e ata o 13 de novembro e pode realizarse nas dependencias municipais dos Servizos Sociais, onde se lles entregará a entrada que este ano conta cun copago de tres euros por adulto.