Skip to main content

Na ponte festiva que vén, a localidade pontenovesa ofrece unha ruta de tapeo, os días 1 e 2 de novembro, en numerosos establecementos hostaleiros que as servirán de 20 a 23 horas.

Cada tapa custará 2 euros e tanto os bares coma os clientes poderán ter premio. Os priemeiros poden gañar 300 euros e diploma para a tapa máis votada pola clientela.

Entre os comensais, o sorteo terá lugar o día 2, ás 00.30 no bar Rony. Entre todas as tarxetas que estean selladas completamente e que anteriormente en cada bar se teñan depositado nas súas urnas, farase a selección e se lles informará aos gañadores do que poden obter.

O Concello da Pontenova organiza esta cita na que participan O Lar de Balbina, o bar da Casa da Cultura, A Estación, A Mina, Lennon, Río Eo, Rony e San Briz.