Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Cambios no tráfico en Viveiro pola festividade dos Defuntos

Por 30 Outubro, 2019Sin comentarios

O Concello de Viveiro, ante a aglomeración de vehículos prevista nas inmediacións do Cemiterio Municipal de Altamira, con motivo da celebración de Defuntos, adoptou medidas de circulación consistentes en estipular sentido único de circulación na estrada das Nogueiras en sentido San Lázaro, dende o xoves 31 de outubro ao domingo 3 de novembro de 2019.

Para calquera dúbida ou consulta ao respecto invitan aos cidadáns a poñerse en contacto coa Policía Local.