Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXASin categoríaZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O deporte base mariñán recibe premios e encarrila a liga

Por 30 Outubro, 2019Sin comentarios

Vén de celebrarse a asamblea previa á competición deportiva, na que estiveron os coordinadores da Secretaría Xeral para o Deporte en Lugo Carlos Lorenzo e Daniel Moirón e o Xefe de Sección da Secretaría Xeral para o Deporte en Lugo Manuel Otero; así como os responsables de todas as Entidades Deportivas da Mariña que tenen representación de equipos.

O obxectivo inicial foi presentar a nova campaña XOGADE 2019 2020. O piragüismo. Falouse da posibilidade de recuperar algún galego máis de Deporte Escolar, ademais do Campo a Través. Acordouse seguir co mesmo protocolo para o seguro. Falouse tamén do deporte de orientación. E, vistas as datas establecidas, os equipos que disputen o Campionato Provincial de Fútbol Sala non participarán na Copa Local. Ademáis clasificarán máis entidades para o Provincial. Acordouse asemade a posibilidade de disputar unhas xornadas de basket provincial así como de fútbol sala cadete xunto coa asociación da Terra Chá e o bádminton terá lugar en 2 xornadas de domingo tarde.

En canto á Confirmación definitiva de equipos, no fútbol sala benxamín, no grupo A do campionato provincial estarán o Santiago de Foz B, Santiago de Foz A, Burela A, ACD Xove e Barreiros A. E cun único grupo todos contra todos na ida e volta.

No fútbol sala benxamín, grupo B Zonal, figuran o Barreiros B, o Burela B, Ribadeo, Celeiro, Lourenzá, Río Ouro. E tamén un grupo único de todos contra todos para a final.

No grupo A do campionato provincial alevín, xogarán o Santiago de Foz, Burela A, Celeiro A, Ribadeo A e Lourenzá A. A proposta de competición definitiva será dun grupo único, todos contra todos, con ida e volta.

En alevín grupo B zonal, o praias de Barreiros, Burela B, Ribadeo B, Celeiro B e Lourenzá B enfrontándose a un grupo único todos contra todos con ida e volta.

No fútbol sala infanticil, grupo único P provincial, xogarán o ACD Xove, P. Barreiros, Ribadeo, Celeiro e Lourenzá.

O fútbol sala cadete, grupo único provincial, contará co P. de Barreiros, Ribadeo, Lourenzá, Xove FS.

As fases serán as seguintes, Fase Regular + Play Off Ida volta (1º-4º / 2º-3º) + Final Ida Volta + 3º/4º posto ida volta.

Dispuxeron tamén os equipos que xogarán en masculino e mixto benxamín de baloncesto, cuxos partidos disputaranse os venres. Sentenciaranse os partidos cun grupo único a dobre volta, é dicir, Fase Regular + Play Off Ida volta (1º-4º / 2º-3º) + Final Ida Volta + 3º/4º posto ida volta

Tamén os alevín xogarán ao baloncesto os venres cunha liga regular de ida e volta.

Contémplase tamén o baloncesto infantil, en alevín mixto feminino

E polo que respecta á numeración de equipos nas distintas disciplinas, son as seguintes, Atletismo(13) , Campo a Través (15), Xadrez (6), T. Mesa (7), Patinaxe (7), Bádminton (3), Natación, Volei (1),  Duatlon(2)/Triatlon, Ximnasia Rítmica.

Ó inicio da asamblea, procedeuse coa entrega de trofeos ós responsables das entidades gañadoras da temporada rematada. O Campión Liga Fútbol Sala Benxamín foi o E.D. Lourenzá e os campións da liga de sala alevín, o ACD de Xove, o campión de liga infantil foi a ED Lourenzá, o campión de liga do basket benxamín, o Pilar. O Campión Liga Basket Av. Mixto foi o CB Viveiro. O vencedor en sala benxamín foi o Burela FS, o de alevín foi o ED Lourenzá. O Campión Copa Fútol Sala Infantil recaeu no Burela FS e no CB Viveiro o campionato da Copa Basket Mixto.