O Samaín do Valadouro celébrase dous días

A casa da cultura do Valadouro acolle a celebración do Samaín cun obradoiro o día 30 pola tarde de elaboración e decoración de detalles terroríficos e manualidades.

O xoves 31, ás 17.30 horas, será en si mesma a festa de samaín con photocall, pintacaras e xogos. Unha cita á que se pode ir disfrazado.

A Deputación de Lugo colabora co Concello para facer posible esta cita.

Etiquetas