Entregados os diplomas aos participantes no programa de emprego de Mondoñedo, Vilalba e Abadín

Mondoñedo acolleu a entrega de diplomas do programa integrado de emprego, unha iniciativa financiada pola Xunta de Galicia e promovida polos concellos de Abadín, Vilalba e Mondoñedo. A este acto asistiron, entre outros, as alcaldesas de Mondoñedo, Elena Candia, e Vilalba, Elba Veleiro, así como o alcalde de Abadín, José María López Rancaño. Pola Xunta, participou a xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Pilar López. A iniciativa fixo posible que un cento de persoas sen emprego reciban formación de calidade para facilitar a súa inserción sociolaboral. En concreto, entregáronse as certificacións da acción formativa de transporte sanitario.

O programa integrado de emprego inclúe actividades de orientación e asesoramento individualizado, intermediación laboral e acompañamento na procura de emprego, obradoiros de motivación, así como formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas. O compromiso adquirido de inserción laboral mínima para esta iniciativa, que inclúe un programa formativo adaptado á demanda das empresas da contorna, é dun 35%. A aposta pola formación representa unha prioridade para a Xunta, ben para persoas ocupadas ou ben para desempregadas, co obxectivo de crear máis e mellor emprego para toda Galicia.Entregados os diplomas aos participantes no programa de emprego de Mondoñedo, Vilalba e Abadín

Etiquetas