Os barreirenses de Celeiro tamén festexan o magosto

A parroquia barreirense de Celeiro de Mariñaos festexará o 1 de novembro o seu magosto ao que todo o que quiera asistir está convidado e que comezará ás 20 horas coa actuación de varios acordeonistas da Mariña.

Ás 21.30 horas terá lugar a cea e o magosto popular, con castañas, chourizos, empanadas, torrezmos, pan e viño por seis euros.

A Irmandade de San Caetano organiza este encontro nas escolas de Celeiro.

Etiquetas