Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Xove ten aberto o prazo para solicitar axudas ao estudo

Por 31 Outubro, 2019Sin comentarios

Ata o luns 18 de novembro vai estar aberto o prazo para solicitar axudas no concello de Xove e para pedir as bolsas e axudas ao estudo para este periodo 2019/2020. Para formalizar as solicitudes os interesados pódeno facer presencialmente no Departamento de Servizos Sociais ou ben a través da Sede Electrónica. A documentación está colgada a través da rede na páxina web do Concello.

As bolsas e axudas ao estudo reguladas nas presentes bases teñen por obxecto atender a sufragar os gastos derivados do aloxamento, material e pago das taxas ou prezos de quen se atope realizando estudos, coas dotacións máximas e demais condicionantes que se fixan nas bases posteriores. A contía destinada ás presentes axudas é de 43.000 €.

As bases reguladoras da concesión de Bolsas e Axudas ao Estudo do Concello de Xove contemplan as seguintes modalidades: modalidade de bolsas e axudas ao estudo universitario, dotadas con 1.200,00 euros cada unha, cunha contía mínima de 100,00 euros. A segunda modalidade de bolsas e axudas para ciclos formativos que cursen especialidades que non existan en Xove, San Cibrao, Viveiro ou Burela, dotadas con 600,00 euros cada unha, cunha contía mínima de 100,00.

A terceira modalidade de axudas para alumnos con discapacidade física ou psíquica que asistan a clases de educación especial ou a terapias de estimulación, dotadas con 750,00 euros cada unha. A cuarta modalidade de axudas para compra de material escolar, coa seguinte dotación: para preescolar 65,00 euros. Para Primaria e ESO, 60,00 euros, para o Bacharelato, 125,00 euros e para os ciclos formativos, 125.

A quinta modalidade é para doutoramento, dotada con 1.200,00 euros e a sexta, as axudas para máster, dotada con 500 euros.