Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Os Bolouros presentan un completo programa micolóxico para novembro

Por 1 Novembro, 2019Sin comentarios

É a época do ano idónea para recoller cogomelos e un dos colectivos da Mariña que máis saben deles, Os Bolouros de Foz, teñen previsto un completo programa de actividades, na XL edición das súas xornadas, para o mes de novembro que comezan o 10 cunha saída á Fraga Vella para percorrer a ruta dos acivros, entre os concellos de Mondoñedo e Abadín.

Alí os participantes recollerán e identificarán distintas variedades e despois haberá un xantar opcional no restaurante Asturias. Convén inscribirse para esta actividade antes do día 9, xusto antes. A saída farase dende diante do Concello, ás 9.30 horas.

O xoves 14, o colectivo presentará o libro Guía de setas de Burela y A Mariña, de María Cristina-Echave, nun acto que terá lugar no salón de actos do Cenima de Foz, ás 20.30 horas.

Xa o domingo, 17, programan outra saída a terras de Sarria, con recollida, identificación e exposición de cogomelos. Irán acompañados da asociación micolóxica A Muiñeira. Sairán dende diante do Concello ás 8.30 horas.

O xoves 21 de novembro, o presidente dos Bolouros, Jesús Blanco, liderará unha charla coloquio sobre vexetación galega, o bidueiral. Será ás 20.30 horas, no salón de actos do Cenima.

O 23 de novembro o restaurante Racimo acollerá un xantar micolóxico ás 14.30 horas. Os socios poden pagar 40 euros e cinco euros máis os non socios. É imprescindible anotarse antes do día 22, tamén chamando ao 982 133 636.

E xa por último, os xoves 7, 14, 21 e 28 de novembro vanse degustar as funxitapas, petiscos de cogomelos que se probará con consumición a partir das 20.30 horas nos establecementos Barrileta e Casa Damián.

Para todas as actividades convén informarse e reservar praza chamando ao 982 140 302 e no mail bolouros@concellodefoz.es.