Ribadeo homenaxeou a xogadores de 14 modalidades na gala do deporte

O Concello de Ribadeo homenaxeou no transcurso da VI Gala do Deporte a preto de 300 deportistas locais de 14 modalidades polos éxitos conseguidos ao longo dos últimos meses. Ao acto asistiron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, a concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez, a concelleira de Cultura, Pilar Otero, e o concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso. 

O Concello fixo entrega de estatuíñas aos deportistas que destacaron nas súas modalidades deportivas en equipo ou de xeito individual. As disciplinas foron ximnasia rítmica, tiro, tenis de mesa, surf, rugby, remo, piragüismo, hockei liña, fútbol sala, fútbol, bolos, billarda, baloncesto e atletismo. 

A VI Gala do Deporte celebrouse no Pavillón de Deportes de Ribadeo. Os homenaxeados estiveron arroupados por familiares e amigos. 

Etiquetas