Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

O Fuciño do Porco encabeza as votacións en Lugo á mellor localización de Galicia

Por 2 Novembro, 2019Sin comentarios

Están en marcha os premios Galicia Turismo 2019, convocados polo Clúster Turismo Galicia. O clúster pretende promocionar a participación na enquisa habilitada na web premiosgaliciadeturismo.gal para outorgar o Premio Galicia de Turismo 2019 na categoría Escenario. Optan seis espazos por provincia e na de Lugo están posicionadas a Praia das Catedrais, en Ribadeo, con 94 votos na actualidade, e o Fuciño do Porco, no Vicedo, con 892 polo momento.

De Lugo tamén se pode votar pola Muralla de Lugo, polo Cabo do Mundo en Chantada, pola aldea do Piornedo nos Ancares ou por Pedrafita do Cebreiro.

A promoción iniciouse o 18 de outubro e finalizará o 10 de novembro. Os premios aos gañadores son unha estancia en habitación doble e réxime de aloxamento e almorzo no hotel NH Collection A Coruña Finisterre, de cinco estrelas. Son tres estancias e se entregará un só premio por persoa e a reserva pode realizarse en calqueira data excepto entre o 15 de xuño e o 15 de setembro.

Poderán participar aquelas persoas que se teñan rexistrado cunha direción de mail no sistema de votación habilitado na web e teñan elixido unha das 24 localizacións que optan ao premio. Teñen que ser maiores de idade, aportar datos veraces no cuestionario de inscrición e só poderán unha vez na votación gratuíta.