Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Ribadeo celebrará un pleno o día 5 para revisar as taxas

Por 2 Novembro, 2019Sin comentarios

Suárez Barcia explicou que “este pleno ordinario que imos celebrar o vindeiro martes, día 5, é unha destas sesións que os Concellos sempre temos ao final de cada ano para revisar as ordenanzas económicas do ano seguinte: taxas, impostos, etcétera. Desde o goberno municipal decidimos non tocar ningunha á alza, tan só aquelas onde existen concesións administrativas e existe unha obriga pactada desde o inicio das concesións de incrementar as tarifas, como é o caso da piscina, que no incremento interanual vai ser unha pequena suba do 0,1 por cento; ou da auga e o saneamento, no que vai haber unha suba polos anos nos que non se produciu, un período acumulado de 7 anos, que vai supoñer un 7,2 por cento de incremento”.

O rexedor engadiu que “se vai modificar ao mesmo tempo á baixa a tarifa da taxa do lixo porque é unha obriga derivada de acollernos no seu momento a unha posibilidade que abriu Sogama, a sociedade pública da Xunta de Galicia, de bonificarnos o canon aos Concellos no caso de que fixéramos actuacións relevantes de educación ambiental e que ao mesmo tempo trasladásemos aos usuarios finais do servizo a parte correspondente”.

O alcalde de Ribadeo dixo que “por outra banda, levamos a este pleno un punto sobre o IBI, o imposto de bens inmobles, no que non se modifica absolutamente nada, simplemente se lle dá unha redacción á ordenanza para evitar confusión posto que o tipo aplicable ao IBI urbano para o ano 2020 estaba situado nunha disposición transitoria nesta ordenanza, o que podía levar a unha confusión no futuro, polo que os técnicos municipais suxiren sacar esta disposición dunha transitoria e poñelo no articulado ordinario. Hai que ter en conta, no que ten que ver co IBI, que neste exercicio económico, que se están pasando nestes días os recibos ao cobro deste ano 2019, veñen cun 16 por cento menos respecto ao exercicio precedente, tal e como acordáramos para compensar a suba dos valores catastrais, e vista a imposibilidade que tivemos no 2018, polo que esta baixada foi trasladada para este ano 2019. Significando así que para o ano 2020 quedara estabilizado nun 8 por cento menos que no 2018”.