Varios operadores turísticos visitarán as Terras de Miranda

O Grupo de Desenvolvemento Rural, GDR, Terras de Miranda, organiza un Fam Trip, que veñen sendo viaxes de familiarización ou cortesía normalmente dirixidos a operadores turísticos, para promover a difusión e promoción do territorio, concretamente da Terra de Miranda e Lugo.

As datas elixidas para a visita abarcan do 5 ao 8 de novembro.

Contarase coa participación de operadores turísticos e axencias de viaxe nacionais co obxecto de establecer canles de comunicación futuras que incida na atracción de visitantes ao territorio.

Etiquetas