O vento e o temporal derrubaron varias árbores en Riotorto

A Deputación de Lugo atendeu numerosas incidencias nas estradas da provincia por mor do temporal de choiva e vento. A maioría dos incidentes, rexistrados en 25 concellos foron debidos a caídas de árbores e desprendementos. Riotorto foi o municipio máis afectado cun total de seis saídas, por diante de Vilalba, onde os servizos provinciais atenderon cinco imprevistos en diferentes vías a causa do mal tempo.

A celeridade na resolución dos diferentes sucesos ocasionados polas inclemencias meteorolóxicas foi fundamental para garantir a seguridade nas estradas e para minimizar os danos. Os servizos de Xestión Territorial, encargados da atención das estradas e que dependen directamente do Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, informaron esta mañá de que todas as estradas están xa abertas ao tráfico. O ente provincial acaba de adxudicar o contrato de conservación de estradas por 6,4 M€ e ten a rede máis extensa de España con 4.200 quilómetros, tres veces superior a que é de titularidade da Xunta de Galicia na provincia.

Etiquetas