Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Unha auxiliar de Alcoa segue manifestándose cada semana perante a fábrica

Por 4 Novembro, 2019Sin comentarios

Parte dos empregados dunha das auxiliares da factoría Alcoa, Reymogasa, continúan manifestándose cada semana perante á fábrica en defensa do mantemento da actividade industrial e por ende dos seus empregos.

Precisamente, esta mesma mañá, desde as 7.05 horas e ata unha hora despois, foron 77 os traballadores congregados frente a Alcoa. A Garda Civil clarexa que non houbo incidentes e que a protesta se desenvolveu, como vén sendo habitual, de xeito pacífico.

Aparte, en Alcoa, os seguintes pasos a dar por parte dos traballadores tamén dependerán do resultados das eleccións ó comité que comezan esta semana. Segundo datos do sindicato Confederación Intersindical Galega, CiG, que agora o preside, traballan na fábrica de San Cibrao 965 persoas, máis 57 de empresas de traballo temporal. En total 1.022 empregos directos.

As votacións comezan hoxe luns e seguirán mércores e venres. A CiG obtivo sete delegados e o apoio de CC.OO. nos comicios de 2015, os mesmos que UGT pero con máis votos.